12 octubre 2008

Galego de novo

Eu non sei que me pasa cando vou a Galicia. É como un chip que cambia na mente. Pasoume varias veces ir no coche de viaxe, e no intre de pasar o cartel que di "Comunidade de Galicia", cambiar de acento e lingua. Xa perdín moito vocabulario de non emprega-lo. O curioso é que xa levo na Comunidade Valenciana 11 anos (miña nai, como pasa o tempo!!!), e iso non me ocurre co valencián. Hoxe viñeron á miña mente lembranzas que estaban totalmente esquencidas, de lugares, de situacións,... non sei qué ten Galicia, pero ás veces si que veñe un pouquiño esa morriña da que falan os galegos.
E unha cousa que sempre me fixo moita gracia é escoitar as películas dobladas en galego. Non sei por qué, pero é como que non podo tomar en serio os diálogos, aínda que o galego sempre me gustou. Imaxinade, que cando ía no 2º de Bacharelato quería estudiar filoloxía galega!!
Pero creo que fixen ben decantándome pola música.
Aquí tendes un exemplo de película doblada ó galego. Xa me diredes si vos pasa como a mín!!

No hay comentarios: